
(2:45) No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese "Ilustrando o Cambio Climático", unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. (14:14) Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite organizado pola Agrupación Astronómica Io. Os seus estudos amosan diferenzas entre Galicia e o norte de Portugal no aproveitamento da luz e nos hábitos alimentarios.(29:00) O calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lévanos ao descubrimento do hidróxeno.(30:18) Coa psiquiatra Iria Veiga, @rainhavermella, abordamos os mitos sobre a esquizofrenia.(40:09) Luís Carral (CITENI, Ferrol) preséntanos un estudo sobre a viabilidade de crear arrecifes artificiais feitos con ecoformigón de cunchas de vieira no que colaboraron os restaurantes con estrela Michelin de Galicia. Só estes establecementos producen un 12% do refugallo anual de cuncha de vieira de Galicia.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Podzilla Summary coming soon
Sign up to get notified when the full AI-powered summary is ready.
Free forever for up to 3 podcasts. No credit card required.

Efer 734 (5-2-26): "A extinción de persoas e máquinas" con Senén Barro

Efer 732 (8-1-26): Non é un pais para detectoristas furtivos, ciencia contra o expolio

"As arquitectas da vida" con Alfonso Martínez Arias [Versión estendida]

Consellos científicos para envellercer mellor de Isabel Fariñas e Ana Mª Cuervo
Free AI-powered recaps of Efervesciencia and your other favorite podcasts, delivered to your inbox.
Free forever for up to 3 podcasts. No credit card required.