
Free Daily Podcast Summary
by Manuel Vicente
Get key takeaways, quotes, and insights from Efervesciencia in a 5-minute read. Delivered straight to your inbox.
The most recent episodes — sign up to get AI-powered summaries of each one.
Coñecemos todos os detalles do festival Coruña Comunica Ciencia con David Ballesteros de Ceo Aberto. Efeméride do 5 de febreiro con Moncho Núñez. Incorporamos á tripulación de Efervesciencia a Senén Barro, director do CITIUS e catedrático de Ciencias da Computación e a Intelixencia Artificial da USC. A partir de relatos do propio Barro, que adaptamos á radio, imos tratando diferentes cuestións en torno á Intelixencia Artificial. Sobre a súa historia, os seus impactos e as derivadas éticas das Tecnoloxías Intelixentes. Hoxe comezamos cun texto titulado "A extinción de persoas e máquinas" no que a lingua humana é a protagonista.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
No Instituto de Estudos Miñoráns exhíbese "Ilustrando o Cambio Climático", unha mostra de infografías producidas por Illustraciencia e o Museo Nacional de Ciencias Naturais. Conversamos coa ilustradora especialista en visualización de datos Laura Castro Soto. Marian Rol, directora do Laboratorio de Cronobioloxía da Universidade de Murcia, asistiu ao VI Encontro da Noite organizado pola Agrupación Astronómica Io. Os seus estudos amosan diferenzas entre Galicia e o norte de Portugal no aproveitamento da luz e nos hábitos alimentarios. O calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lévanos ao descubrimento do hidróxeno. Coa psiquiatra Iria Veiga, @rainhavermella, abordamos os mitos sobre a esquizofrenia. Luís Carral (CITENI, Ferrol) preséntanos un estudo sobre a viabilidade de crear arrecifes artificiais feitos con ecoformigón de cunchas de vieira no que colaboraron os restaurantes con estrela Michelin de Galicia. Só estes establecementos producen un 12% do refugallo anual de cuncha de vieira de Galicia.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
César Muñoz Fontela (Instituto Bernhard Nocht, Hamburgo) achéganos as últimas novas sobre virus emerxentes en África. No século XVII, unha febre do ouro levou ao expolio de milleiros de mámoas galegas na procura de tesouros que nunca existiron. Hoxe, a loita contra o saqueo do noso patrimonio arqueolóxico continúa, pero con novas ferramentas e unha lexislación inédita en Europa. Conversamos con Jaime Almansa (Cretus, USC), que investiga como a ciencia pode axudar a identificar e valorar pezas expoliadas grazas ás novas técnicas de arqueometría forense. Lembramos a Sophie Germain no “Calendario da Historia da Ciencia” de Moncho Núñez. Víctor Pardo (USC) explícanos o Nobel de Física 2025 polo efecto túnel cuántico macroscópico.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
[Versión estendida] Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Este é argumento principal do seu libro "As arquitectas da vida". Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Ana María Cuervo (Albert Einstein College of Medicine) e Isabel Fariñas (Universitat de València) comparten os últimos avances en autofaxía e células nai cerebrais, abrindo novas vías para comprender o envellecemento e a rexeneración neuronal. Coñecemento que comparten con consellos con evidencia científica para envellecer mellor. A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Infiltrámonos no XXI Congreso da Sociedade Española de Bioloxía Celular, celebrado en Santiago de Compostela. Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Investigador ICREA en la Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica. Eferméride do 4 de xaneiro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. Iñaki Ruiz-Trillo (Investigadore ICREA en la Universitat Pompeu Fabra) explícanos o intrigante salto evolutivo á multicelularidade: como as células individuais aprenderon a cooperar e diferenciarse, e que pistas nos dan organismos unicelulares actuais sobre a orixe dos animais. Ademais, Ana María Cuervo (Albert Einstein College of Medicine) e Isabel Fariñas (Universitat de València) comparten os últimos avances en autofaxía e células nai cerebrais, abrindo novas vías para comprender o envellecemento e a rexeneración neuronal. Coñecemento que comparten con consellos con evidencia científica para envellecer mellor. A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Pódese manter o exercicio físico en episodios de menorrea? Laura Veiga é xornalista e sexóloga, responsable do proxecto Pingando.gal. Tes que decidir unha liberdade condicional e unha máquina xa che ofreceu a súa valoración: canto pode influír iso no teu criterio? Conversamos con Ujué Agudo, investigadora no laboratorio de psicoloxía experimental da Universidade de Deusto. A psicoloxía está dando os primeiros pasos para entender como condicionan os algoritmos os nosos comportamentos máis alá do evidente. Efeméride do 3 de xaneiro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez David Cabo, cofundador de CIVIO, explícanos como conseguiron que o Supremo obligase ao goberno a entregar o código fonte de BOSCO - que decide quen ten acceso ao bono social eléctrico - en prol da transparencia algorítmica.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Desde o pub Macondo da Coruña coa música ao vivo do piano de Juanjo Fernández realizamos o noso repaso á mellor ciencia do ano. Coa participación dos nosos colaboradores Marta Vila, Susana Ladra, Deborah García Bello, Estíbaliz Espinosa e Xabier Pérez Couto. Parte 2.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Free AI-powered daily recaps. Key takeaways, quotes, and mentions — in a 5-minute read.
Get Free Summaries →Free forever for up to 3 podcasts. No credit card required.
Listeners also like.
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
AI-powered recaps with compact key takeaways, quotes, and insights.
Get key takeaways from Efervesciencia in a 5-minute read.
Stay current on your favorite podcasts without falling behind.
It's a free AI-powered email that summarizes new episodes of Efervesciencia as soon as they're published. You get the key takeaways, notable quotes, and links & mentions — all in a quick read.
When a new episode drops, our AI transcribes and analyzes it, then generates a personalized summary tailored to your interests and profession. It's delivered to your inbox every morning.
No. Podzilla is an independent service that summarizes publicly available podcast content. We're not affiliated with or endorsed by Manuel Vicente.
Absolutely! The free plan covers up to 3 podcasts. Upgrade to Pro for 15, or Premium for 50. Browse our full catalog at /podcasts.
Efervesciencia publishes 2x weekly. Our AI generates a summary within hours of each new episode.
Efervesciencia covers topics including Science, Natural Sciences, Social Sciences. Our AI identifies the specific themes in each episode and highlights what matters most to you.
Free forever for up to 3 podcasts. No credit card required.
Free forever for up to 3 podcasts. No credit card required.