
Free Daily Podcast Summary
by Café Derby 21
Get key takeaways, quotes, and insights from Café Derby 21 in a 5-minute read. Delivered straight to your inbox.
The most recent episodes — sign up to get AI-powered summaries of each one.
Chegou o momento. Presentamos o derradeiro programa do Café Derby 21 e nesta ocasión somos os nosos propios convidados. Contamos con algunhas das vosas preguntas e tamén nos sinceramos sobre algúns aspectos dos que quizais quedaba algunha dúbida. Pero todo se resume nesta última hora de conversa con Adrián, Carme e Nico parolando sobre 👋A DESPEDIDA👋 con anécdotas, recordos e consellos. Grazas por todos estes anos de confianza! 💙 · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙
Chegamos ao noso último programa con convidado, xa que esta temporada remataremos dun xeito distinto. E, como xa sabedes, tamén ao final do podcast. Lembrade que celebraremos un derradeiro Café Derby 21 o xoves 27 de xuño, ás 19:30 horas no Riquela Club, en Santiago de Compostela. Como somos moi de pechar ciclos con significado, quixemos contar co padriño do noso podcast para darlle final. O escritor Xacobe Pato pasou polos nosos micros hai 4 anos e volve agora para falar do 👀FUTURO👀, non tanto como ciencia ficción, senón como as proxeccións, o medo ao futuro ou a idealización do futuro. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙
No noso novo programa subímonos ao escenario e poñémonos dramáticos para tratar os grandes temas da vida e... falar de Manuel Fraga. En concreto, de Iribarne, a obra de teatro que está dando a volta a Galicia, esgotando entradas alí onde vai e converténdose en todo un fenómeno popular. Para parolar sobre 🎭O TEATRO🎭 contamos coa actriz Lidia Veiga, tamén coñecida como integrante do podcast Exército Mekemeke.Xunto a ela falamos da figura cultural, histórica e popular de Manuel Fraga, das nosas memorias fraguistas, das miles de placas co seu nome e despois pasámonos ao plano existencial: calma, ansiedade, infancia, consumo de cultura... Unha terapia común!·Co apoio inestimable de Deleite💙 e o traballo de edición de Xoán Bregua💙
Son moitas as persoas que pedían este momento e por fin podemos confirmar que se fixo real: Fillas de Cassandra no Café Derby 21! Atopámonos co dúo galego logo do seu masivo concerto en Santiago de Compostela ante miles de persoas. Aínda con folgos, tiveron todo o ánimo para falar sobre 🔙O PASADO🔙. Con Fillas de Cassandra parolamos das herdanzas e o que queremos legar, de tataravoas, de vivir no presente e non deixarse levar por recordos sesgados ou das músicas de onte e máis atrás, entre outros moitos temas. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙
Chegou o momento de falar dun dos temas máis agardados: ❤️O AMOR❤️. Grazas á publicación de certa carta de certo mandatario na que recoñecía estar fondamente namorado da súa muller, decidimos actuar e montar un comité de urxencia para abordar o tema de namorarse e demais. Por iso quixemos conversar con Grande Amore, amigo histórico do Café Derby 21, nun programa gravado en directo no Parador de Vilalba como parte da programación do FIV. A partir da carta á cidadanía de Pedro Sánchez, a declaración de Bárbara Rey a Chelo García-Cortés en 'Sálvame' e o mítico audio de Laura Escanes (supostamente) acabando cunha relación, con todo isto, damos forma a un programa sobre o amor, bicarse, declararse, infidelidades e moito máis. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙
Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvimos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para 💥IMPROVISAR💥 e falar de humor, da vida e de ligar. Logo de gañar dous Mestre Mateo, Lucía Veiga chega ao noso podcast para afondar nos misterios da risa, poñer en valor a importancia da improvisación para saír adiante e deixar consellos sobre como improvisar en entrevistas de traballo ou infidelidades. · Co apoio inestimable de Deleite e o traballo de edición de Xoán Bregua💙
Logo de varias semanas de incógnitas, nos últimos días moitos misterios foron desveleados, algúns positivos e outros non tanto. Para achegarnos á máxima actualidade no campo da investigación e resolución de incógnitas, neste programa contamos coa escritora e dama da novela negra, Arantza Portabales. Xunto a ela repasamos cuestións tan variadas como a paixón polo misterio, os nosos asasinos e detectives favoritos, os elementos para unha boa novela negra, misterios actuais como o de Kate Middleton e esa crise de comunicación, ou as motivacións para matar, desde o persoal ata o profesional. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙
Que ninguén se deixe enganar polo título deste programa! Xa se tratou abondo a nostalxia e os recordos, por iso quixemos darlle un ollar diferente á materia. Para facelo con motivo e con consello experto, neste episodio contamos co cineasta Bruno Arias, finalista aos premios Mestre Mateo co seu debut 'Os espazos en branco'. Neste documental, Bruno achégase á figura da súa tía, Xela Arias, dun xeito íntimo e persoal. Efectivamente, imos falar da 💭MEMORIA💭. Para non poñernos puristas e densos, parolamos sobre o persoal, os primeiros recordos, as mortes de familiares influíntes, momentos históricos e onde estabamos, cambios de papas, o 11S, a construción de recordos ou as cámaras analóxicas. · Podes atoparnos en Vinte na Praza, no noso perfil de Twitter @cafederby21 e en Instagram ✌️ · Co apoio inestimable de Deleite💙
Free AI-powered daily recaps. Key takeaways, quotes, and mentions — in a 5-minute read.
Get Free Summaries →Free forever for up to 3 podcasts. No credit card required.
Listeners also like.
Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana.·Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
AI-powered recaps with compact key takeaways, quotes, and insights.
Get key takeaways from Café Derby 21 in a 5-minute read.
Stay current on your favorite podcasts without falling behind.
It's a free AI-powered email that summarizes new episodes of Café Derby 21 as soon as they're published. You get the key takeaways, notable quotes, and links & mentions — all in a quick read.
When a new episode drops, our AI transcribes and analyzes it, then generates a personalized summary tailored to your interests and profession. It's delivered to your inbox every morning.
No. Podzilla is an independent service that summarizes publicly available podcast content. We're not affiliated with or endorsed by Café Derby 21.
Absolutely! The free plan covers up to 3 podcasts. Upgrade to Pro for 15, or Premium for 50. Browse our full catalog at /podcasts.
Café Derby 21 publishes biweekly. Our AI generates a summary within hours of each new episode.
Café Derby 21 covers topics including Culture, Society & Culture. Our AI identifies the specific themes in each episode and highlights what matters most to you.
Free forever for up to 3 podcasts. No credit card required.
Free forever for up to 3 podcasts. No credit card required.